A iniciativa permite achegar novas propostas lectoras á veciñanza e seguir promovendo o acceso á cultura. O Concello de Lobios anima os veciños e veciñas a achegarse á biblioteca para descubrir as novidades e escoller a súa próxima lectura.
Cada novo libro representa unha porta aberta a novas historias, coñecementos e aventuras, enriquecendo a oferta cultural do municipio.
Estas novas adquisicións foron posibles grazas ás axudas da Xunta de Galicia para a dotación de novidades editoriais e a mellora das coleccións das bibliotecas dos concellos no ano 2026, convocadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.




