O accidente produciuse sobre as 12:33 horas na Praza do Concello cando un dos vehículos participantes saíuse da vía. A carrilana impactou contra catro persoas, aínda que a menor foi a única que sufriu lesións de consideración.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Muíños e a Garda Civil de Tráfico para atender a emerxencia e investigar as causas do suceso.




