A clasificación, elaborada polo investigador John P. A. Ioannidis da Universidade de Stanford e publicada por Elsevier, ten como referencia os datos da base bibliográfica Scopus para avaliar o impacto da actividade investigadora. O CINTECX suma así un representante máis que na edición anterior, mantendo unha evolución positiva nos últimos anos, cando en 2024 figuraban nove investigadores e en 2025, once.
Os investigadores do centro presentes nesta edición están recoñecidos en diversas áreas científicas. En Enxeñaría Xeolóxica e Xeomática figuran Leandro R. Alejano Monge e Pedro Arias Sánchez; en Enxeñaría Eléctrica e Electrónica, Alejandro Gómez Yepes, Jesús Doval-Gandoy e Óscar López Sánchez; en Construción e Edificación, José Santiago Pozo-Antonio; en Enerxía, Xosé Ramón Nóvoa Rodríguez; en Física Aplicada, Antonio Riveiro Rodríguez e Juan Pou Saracho; en Optoelectrónica e Fotónica, Mohamed Boutinguiza; e en Biotecnoloxía, Ángeles Sanromán Braga e Ana Belén Moldes Moldes Menduiña.
Os resultados de 2026 reflecten a diversidade de ámbitos científicos presentes no centro, con investigadores recoñecidos en campos relacionados coa enerxía, a biotecnoloxía, a enxeñaría eléctrica, a física aplicada, a construción, a fotónica e a xeomática. Esta clasificación anual é considerada unha das referencias para avaliar a influencia da actividade científica nas distintas áreas do coñecemento.




