A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático respondeu así á solicitude municipal para actuar na fronte marítima situada no extremo sur da ponte de Toralla. O título concesional, cun prazo de 30 anos, será anunciado proximamente no Diario Oficial de Galicia.
O proxecto prevé a substitución de pasarelas de madeira deterioradas, o retranqueo de bandas ríxidas de paseo para respectar a liña de ribeira, a reordenación de accesos á praia e a retirada de aparcamentos no DPMT. Tamén se inclúen novas superficies de renaturalización e a recuperación da servidume de tránsito no Baluarte.
Esta actuación busca recuperar unha contorna que sufriu unha forte antropización nas últimas décadas, onde actualmente existen infraestruturas obsoletas e pouco funcionais.
A autorización está condicionada á presentación da documentación técnica necesaria para a avaliación arqueolóxica, á emisión do informe correspondente e ao cumprimento doutros permisos e licenzas esixibles pola normativa estatal.




