A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, presentaron a iniciativa que busca activar o consumo nos pequenos establecementos da cidade. A campaña conta coa colaboración de diversas asociacións de comerciantes e federacións.
A representante autonómica animou aos comercios vigueses a participar e á cidadanía a consumir nos negocios de proximidade. A iniciativa "Ilumina o teu escaparte" conta coa colaboración da Federación de Comercio de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra, Ahosvi, Feprotur e todas as asociacións de comerciantes de Vigo, desde As Travesas, Bouzas, Zona Príncipe, Teis, Navia, Casco Vello ata o Calvario, Zona Náutico, Xeral-Acexvigo e Vigo Centro.
O concurso comezará o 20 de novembro e rematará o vindeiro día 15 de decembro. Os locais interesados deben enviar as fotos ao correo electrónico iluminatuescaparate@gmail.com.
A gala de entrega de premios e o coñecemento dos gañadores terá lugar o vindeiro 17 de xaneiro ás 18:00 horas no Auditorio da Xunta en Vigo.




