A ferramenta de participación cidadá do Concello de Pontevedra recibiu un total de 217 comunicacións nos primeiros catro meses do ano. Destas, 60 correspondían a asuntos fiscais, mentres que 50 estaban relacionadas co estado do espazo público.
Outras áreas destacadas na recepción de correos electrónicos foron Benestar e Igualdade, con 43 consultas; Medio Ambiente, con 33; e Cultura e Festas, que contabilizou 31 comunicacións.
Do total de envíos, o 53% foron derivados directamente ao servizo municipal correspondente, o 40% recibiron unha resposta inmediata e o 8% restante foron trasladados ao concelleiro responsable da área.




