A Consellería de Sanidade continúa a planificar a dotación de novo equipamento para a posta en marcha desta infraestrutura sanitaria. O obxectivo é garantir unha execución eficaz, ordenada e segura do conxunto de actividades que resultan precisas para o traslado e posta en funcionamento do novo hospital público de Pontevedra.
Cada un dos 36 equipos incluiran unha estación de traballo, un monitor estándar e un único monitor para radiodiagnóstico. Distribuiranse en 33 monitores de diagnóstico de 8 megapixels e 3 monitores de diagnóstico mamográfico de 12 megapixels.
As empresas interesadas neste procedemento teñen ata o 9 de decembro para presentar as súas ofertas.




