O consello de administración de Vipugal autorizou hoxe a adxudicación deste contrato para a construción dun inmoble na parcela 19 de Valdecorvos, cedida polo concello. O proxecto foi redactado por Alberto Quintáns Arrondo.
O edificio proxectado consta de dous sotos destinados a garaxes; planta baixa con cinco portais de acceso residencial, locais de instalacións, reserva para o almacén de contedores do lixo, cuartos de limpeza e rochos. Ademais, conta con oito plantas altas para uso vivenda e un ático para uso rochos.
O inmoble contará con 152 vivendas coa seguinte distribución:




