O encontro, que tivo lugar na Finca Batacos, congregou a máis de 80 afiliados e centrou a súa mirada nas próximas eleccións municipais de 2027. Durante a xornada, o presidente provincial da formación subliñou o papel do partido como a forza capaz de ofrecer un cambio real e con sentido común.
“"Estamos convencidos de que o proxecto é a alternativa que necesitan os municipios de Galicia. Temos propostas realistas e ilusionantes, conviccións firmes e, o máis importante, a determinación de chegar ás institucións galegas. E esta vez imos conseguilo."
O dirixente criticou o que considera un "tripartidismo" formado por outras formacións, acusándoos de "secuestrar durante décadas" as institucións galegas con políticas estériles e afastadas da realidade cidadá. Fronte a isto, defendeu o cambio "con sentido común" que o seu partido impulsa en toda España e que Galicia non pode ignorar.
Ademais, destacouse o forte crecemento sostido do partido na comunidade. Desde as últimas eleccións municipais, a formación duplicou o número de afiliados na provincia de Pontevedra desde 2023, así como o número de coordinadores locais e de zona. O obxectivo inmediato é superar os rexistros de comicios anteriores, centrándose no despregamento de mesas informativas e no traballo de base na rúa.




