Esta medida, impulsada polo executivo local, ten como obxectivo principal unificar a identidade visual do Concello, xa que ata o de agora existían dúas imaxes diferenciadas: unha en cor vermella asociada ás áreas xestionadas polo PSOE e outra en azul para as do BNG. A elección do escudo busca representar a "neutralidade, prudencia e institucionalidade" da administración.
“"Cambiade o logo polo escudo ou polo que queirades, pero polo menos deixade o corazón, que custounos moito poñer a Lugo a latexar como a cidade máis cardioprotexida de España."
O goberno municipal asegurou que este cambio se realizará sen implicar ningún gasto económico na renovación da imaxe institucional, subliñando que a intención é simplemente "representar a todos" os cidadáns. O novo símbolo, que consiste no escudo da cidade sobre un fondo branco, xa foi estreado para informar sobre posibles ruídos na zona do Parque durante a mañá do domingo, debido a un acto de xura de bandeira, que podería afectar a persoas sensibles e mascotas.
A decisión xerou unha reacción inmediata por parte do PSOE, que manifestou a súa preferencia por manter a imaxe dun corazón que aparecía ao comezo de cada mensaxe das áreas socialistas. A formación expresou o seu desexo de que, a pesar do cambio de logo, se conservase o símbolo do corazón, que consideraban representativo do esforzo por converter a Lugo na cidade máis cardioprotexida de España.




