Dentro do programa educativo «Coñece o teu Concello», os escolares desprazáronse ata o Salón de Plenos onde coñeceron a organización municipal e as funcións da institución. Na visita participaron a alcaldesa, Elena Candia, e o concelleiro de Cultura e Educación, Javier Vázquez Prado.
Durante o encontro, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de trasladar as súas propostas para a cidade. Entre as súas peticións destacaron a mellora e ampliación dos parques infantís e das instalacións deportivas nos seus barrios.
Os escolares tamén recibiron a invitación de facer chegar por carta novas suxestións sobre a cidade.




