O servizo, que busca ofrecer información e atención ás posibles vítimas de agresións sexistas, contará cun punto fixo na Praza Fernando de Casa Novoa, ao fondo da Praza Maior. Este punto estará atendido permanentemente por un mínimo de dous profesionais especializados, incluíndo persoal de psicoloxía e traballo social, garantindo a intimidade, protección e confidencialidade das persoas atendidas.
Ademais, haberá un equipo itinerante, debidamente identificado, que se desprazará polos diferentes espazos onde se desenvolvan as festas e polas zonas de ocio nocturno. Este equipo facilitará que o recurso estea máis próximo ás persoas que poidan necesitalo, seguindo o modelo xa empregado no Arde Lucus.
O Punto Violeta estará operativo os días 4, 9, 10 e 11 de outubro, en horario de 21:00 a 04:00 horas. O día 5 de outubro, o horario será de 21:00 a 03:00 horas.




