Gala solidaria recada máis de 18.000 euros para Alume e o HULA

A Xunta de Galicia patrocina o evento gastronómico que destina os fondos á mellora da calidade de vida de persoas vulnerables.

Gala solidaria recada máis de 18.000 euros para Alume e o HULA

Xunta de Galicia · 2026-11-16

A gala solidaria Diez Raz10nes, celebrada o pasado 16 de maio en Lugo coa Xunta como principal patrocinador, recadou máis de 18.000 euros para apoiar iniciativas de Alume Saúde Mental e da Área de Humanización do Hula.

Ambas entidades recibiron hoxe cadanseu cheque por importe de 9.087 euros. O delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares, participou no acto de entrega dos fondos, onde felicitou aos organizadores por esta iniciativa que “pon a gastronomía ao servizo de dous proxectos que buscan mellorar a calidade de vida de persoas en situación vulnerable”.
A segunda edición de Diez Raz10nes celebrouse no Círculo das Artes, promovida por Allentum, Atalaya Comunicación, Os Cachivaches, Kronos e o Restaurante España. Contou coa participación de prestixiosos cociñeiros e cociñeiras da provincia de Lugo e do resto de Galicia.
No caso de Alume, a iniciativa beneficiaria é a acción Menos soidade, máis vida, en favor de persoas de máis de 60 anos con trastorno mental grave, co obxectivo de reforzar os apoios que fomenten o seu benestar, autonomía e participación social.
Pola súa banda, o proxecto Murallalandia vai encamiñado a dotar o HULA dun parque terapéutico, inclusivo e cultural, que transforme o entorno de hospitalización pediátrica do centro e favoreza a recuperación física e emocional dos nenos e nenas hospitalizados.
Información elaborada a partir da fonte oficial: Xunta de Galicia — Notas de prensa (portal central, cubre todas as consellerías) (16/11/2026)