Analizar antes de investigar: a filosofía de traballo de Detectigal

Detectigal, despacho de detectives privados en Lugo, explica como unha investigación privada comeza moito antes do primeiro seguimento e por que a análise previa resulta determinante para planificar cada expediente con rigor e eficacia.

Despacho de detectives privados Detectigal en Lugo

Despacho de Detectigal, detectives privados en Lugo especializados en investigación privada para particulares, empresas e profesionais.

Detectigal desenvolve investigacións privadas para particulares, empresas e despachos de avogados en Galicia. A súa metodoloxía sitúa a análise previa de cada expediente como o punto de partida de toda investigación.

Cando un particular, unha empresa ou un profesional necesita recorrer a un detective privado, normalmente busca unha resposta. Sen embargo, antes de iniciar calquera actuación existe unha cuestión previa: determinar se a investigación resulta viable e se realmente pode achegar a información ou as probas que o cliente necesita.
Esa premisa guía a actividade de Detectigal, despacho de detectives privados en Lugo especializado en investigacións para particulares, empresas, profesionais e despachos de avogados en Galicia. O despacho tamén intervén noutros puntos do territorio nacional cando as características do expediente o requiren.
Fundado en 2019 por Norman Rodríguez, detective privado habilitado e director de Detectigal, o despacho aplica este criterio en cada expediente que asume: analizar primeiro, valorar a viabilidade do expediente e, unicamente cando existen indicios que xustifican a investigación e posibilidades razoables de alcanzar o obxectivo perseguido, definir unha estratexia inicial. A partir dese momento, o desenvolvemento do expediente e a información obtida permiten confirmar a estratexia inicial ou adaptala cando as circunstancias así o aconsellan.
Unha investigación comeza antes da primeira actuación.
A imaxe máis estendida do detective privado adoita estar ligada a seguimentos, vixilancias e demais actuacións propias da investigación privada. Sen embargo, boa parte do traballo comeza moito antes de calquera actuación sobre o terreo.
Toda investigación debe comezar sabendo que se pretende acreditar. Só cando esa pregunta está claramente definida resulta posible decidir como facelo e valorar se realmente existen posibilidades de conseguilo.
Esa análise previa permite determinar cal é a estratexia má adecuada, cando deben desenvolverse as actuacións e durante canto tempo resulta necesario mantelas para obter conclusións sólidas.
Cada actuación responde a un obxectivo previamente definido. Non se trata de acumular horas de vixilancia, senón de saber que debe acreditarse, como pode facerse e que utilidade terá posteriormente a proba obtida.
Investigar tamén significa saber cando non facelo.
Non todas as consultas xustifican o inicio dunha investigación.
Nalgúns casos, o estudo previo permite concluír que existen poucas posibilidades de alcanzar o obxectivo perseguido, que a información dispoñible resulta insuficiente ou que as circunstancias do expediente non xustifican o inicio de actuacións.
Cando isto sucede, o cliente recibe unha valoración clara sobre a viabilidade do expediente e as razóns polas que non resulta aconsellable iniciar actuacións.
Detectigal non selecciona os expedientes pola súa rendibilidade potencial, senón polas súas posibilidades reais de achegar unha proba xuridicamente útil para o cliente. Esa forma de traballar explica que algunhas consultas conclúan cunha recomendación de non iniciar actuacións cando non existen expectativas razoables de obter un resultado relevante.
Obter probas útiles, non só información.
A finalidade dunha investigación privada non consiste unicamente en coñecer uns feitos, senón en documentalos de forma obxectiva, conforme á lexislación vixente e con utilidade probatoria.
Con ese obxectivo, cada expediente planifícase para obter probas que poidan apoiar unha negociación, incorporarse, cando proceda, a unha estratexia xurídica ou facilitar ao cliente a adopción de decisións con maior seguridade.
Os resultados quedan reflectidos nun informe profesional no que se documentan as actuacións realizadas e os feitos observados durante o desenvolvemento do servizo. Cando as circunstancias do procedemento o requiren, dito informe pode ser ratificado en sede xudicial.
A calidade dunha investigación non depende da cantidade de información obtida, senón da súa capacidade para responder de forma obxectiva á cuestión que motivou o encargo.
Investigación privada para particulares, empresas e profesionais.
Esta forma de traballar resulta aplicable a calquera investigación privada, con independencia do ámbito no que se desenvolva.
No ámbito empresarial, a investigación privada pode contribuír ao esclarecemento de posibles incumprimentos laborais ou contractuais, situacións de competencia desleal, fraudes internos ou outras condutas susceptibles de prexudicar a actividade ou os intereses dunha organización.
No ámbito particular, estes servizos adoitan estar orientados á obtención de probas que poidan incorporarse a procedementos xudiciais relacionados, entre outros, con medidas paterno-filiais, modificacións de medidas, garda e custodia de menores ou situacións de convivencia con transcendencia xurídica. A investigación privada tamén pode resultar de utilidade para verificar feitos de relevancia patrimonial ou persoal cando exista un interese lexítimo e poida contribuír ao exercicio ou defensa de dereitos.
Ademais, o despacho colabora habitualmente con avogados e outros profesionais que requiren incorporar a investigación privada á estratexia procesual deseñada para os seus clientes, xa sexa para acreditar determinados feitos, verificar unha hipótese ou reforzar a posición que posteriormente se defenderá en sede xudicial.
Aínda que os ámbitos de actuación sexan moi distintos, o proceso de análise previa é o mesmo en todos os expedientes: comprender as súas circunstancias, valorar a súa viabilidade e definir a estratexia má adecuada para alcanzar o obxectivo perseguido.
Cada expediente require unha estratexia diferente.
Non existen dúas investigacións iguais.
Os horarios, as ubicacións, os hábitos das persoas investigadas, o contorno no que se desenvolven os feitos ou o obxectivo do encargo condicionan a planificación de cada servizo.
Por ese motivo, cada expediente abórdase de forma individual, cunha estratexia adaptada ás súas circunstancias concretas e suxeita a unha avaliación continua durante o desenvolvemento da investigación.
O obxectivo non é investigar para ver que sucede, senón responder a unha pregunta concreta mediante información obxectiva e xuridicamente útil.
Dende Lugo, con actuación dentro e fóra de Galicia.
Con sede en Lugo, Detectigal desenvolve principalmente a súa actividade en Galicia, actuando nas catro provincias galegas, tanto en contornos urbanos como rurais. Así mesmo, intervén en comunidades limítrofes e noutros puntos do territorio nacional cando a natureza do expediente o require.
Detectigal prestou servizos para particulares, empresas, profesionais e despachos de avogados establecidos en diferentes puntos de España. Entre os seus clientes figuran persoas e empresas de cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, León ou Palma de Mallorca, entre outras, así como clientes de países como Suíza, Reino Unido, Francia, México ou Estados Unidos que necesitaban desenvolver investigacións en España.
Unha maneira de entender a profesión.
En investigación privada non existen solucións estandarizadas.
Existen preguntas diferentes que requiren estratexias diferentes.
A investigación privada esixe combinar coñecemento xurídico, capacidade de observación, planificación e criterio profesional.
Ao longo da súa traxectoria, Detectigal desenvolveu unha metodoloxía de traballo baseada na planificación, o rigor e a obtención de probas con utilidade probatoria.
Esa experiencia consolidou unha maneira de entender a investigación privada: analizar antes de investigar, planificar cada expediente de forma individual e orientar cada servizo cara á obtención de probas que realmente permitan ao cliente tomar decisións con maior seguridade.

"Investigar non consiste unicamente en descubrir que ocorre, senón en demostralo cando realmente importa."

Norman Rodríguez · Director e detective privado de Detectigal

Temas relacionados

detectigaldetectives privados lugodetectives privados galiciadetective privado lugodetective privado galiciainvestigación privada galiciadetective privadoinvestigación laboralinvestigación familiardetective para empresasdetective ratificación

Noticias relacionadas