Dende os seus comezos, o fundador e xerente de SOLOIMPRENTA, Juan Calvo, preocupouse de ofrecer un servizo de óptima calidade para os seus clientes, no que a distancia física non sexa un obstáculo. A través do seu sitio web www.soloimprenta.es, esta empresa galega, afincada actualmente en Ferrol, atendeu durante anos, xa sexa por teléfono, chat ou correo electrónico, pedidos de diversos produtos de imprenta de orientación principalmente corporativa: folletos, carteis, cartóns de visita, carpetas personalizadas, sobres, catálogos, expositores, agasallos de empresa e un longo etcétera onde o nexo común é a impresión personalizada dos produtos coa imaxe ou logotipo solicitados polo cliente.
Do seu bo facer dan boa conta os milleiros de reseñas acumuladas pouco a pouco durante estes anos, recollidas e publicadas por unha empresa externa especializada nestas labores, Revi.io. Segundo Juan Calvo, hai tres aspectos principais que lle permitiron gañarse a confianza de milleiros de usuarios do seu servizo: unha revisión profesional dos arquivos que achega o cliente, unha atención ao cliente por persoas que saben do que falan, e un equipo de seguimento dos pedidos ata a entrega.
Por que estes tres puntos? «Porque no mundo en liña e nas imprentas estanse automatizando os procesos e hai aspectos que diferencian unha imprenta en liña doutros sectores, e neste caso o equipo humano é a diferenza, porque os programas de revisión de arquivos automatizados non recoñecen moitos erros antes de imprimir; de aí o importante dun equipo de preimpresión que revise os arquivos», explica o empresario.
“"Hai aspectos que diferencian unha imprenta en liña doutros sectores, e neste caso o equipo humano é a diferenza"
Os servizos de impresión en liña volvéronse moi populares dende a expansión de internet, pero «moita da xente que busca este servizo non son profesionais, e necesitan o asesoramento de profesionais, pois hai moitas dúbidas cos arquivos, marxes, sangrados e calidade; moita xente usa por exemplo ChatGPT e iso non é un programa de deseño onde a calidade non é conforme para imprimir e é o equipo de revisión de arquivos o que ten que asesorar o cliente».
Finalmente, explica Juan Calvo, «outro aspecto fundamental é o servizo postvenda, porque ao depender de terceiros na entrega do material, prodúcense incidencias que retardan a entrega do pedido; en ocasións necesítase o material para un evento ou presentación e pode xerar descontentos do cliente e aí o equipo de loxística fai un seguimento do pedido ata a entrega; non só é enviar un seguimento ao cliente e esperar a que se entregue; en ocasións o cliente non coñece o estado da entrega pero o noso equipo encárgase dese seguimento».
Finalmente, o responsable da imprenta cunha advertencia fronte ao abuso da automatización: «hai sectores que a automatización e uso da IA pode ser posible, pero neste sector o trato humano é moi importante, dende a revisión de arquivos, atención ao cliente e por último a entrega do material a tempo, imprescindible por exemplo cando é para un evento».




