As novas instalacións, situadas no número 61-63 da avenida de Esteiro, abrirán as súas portas ás 11:00 horas nun acto que se espera que marque un punto de inflexión para os colexiados da comarca.
A cerimonia de inauguración contará cunha ampla representación institucional. Entre os asistentes estarán o presidente do Colexio, o alcalde da cidade, o conselleiro de Sanidade, o almirante do Arsenal, o reitor da UDC, a delegada da Xunta en Ferrol, e o presidente de A.M.A. Tamén se agarda a presenza de responsables da área sanitaria ferrolá e doutros colexios profesionais do ámbito da saúde.
“"O obxectivo principal desta nova sede é proporcionar máis e mellores servizos aos nosos membros, ademais de organizar actividades multidisciplinares en colaboración con outras institucións colexiais e sociedades científicas."
Durante o evento, descubrirase unha placa conmemorativa e os asistentes terán a oportunidade de coñecer de primeira man o novo espazo, deseñado para fomentar a colaboración e o desenvolvemento profesional.




