Este proxecto, xestionado integramente por un grupo de alumnas de Relacións Internacionais, busca ofrecer unha experiencia práctica no ámbito do dereito internacional e a diplomacia. A iniciativa, pioneira en Galicia, transformará a cidade nun punto de encontro para o debate xurídico de alto nivel.
“"Se es estudante ou mozo, este é o momento para probar cousas e innovar. Hai que arriscarse, ningunha idea é mala e se te vas equivocar, agora é o momento."
A competición enfrontará aos equipos participantes nun complexo caso de Dereito Internacional Humanitario, abordando temas de actualidade como os conflitos armados contemporáneos e o Estreito de Ormuz. O tribunal estará composto por doutores e catedráticos de recoñecidas universidades, o que confire un gran prestixio ao evento.
A pesar dos desafíos na organización, que se levou a cabo en apenas dous meses, o equipo logrou coordinar a loxística e os patrocinios necesarios. A xornada incluirá tamén unha ponencia maxistral a cargo dun referente nacional en conflitos internacionais.
Co respaldo da Xunta de Galicia, o Concello de Ferrol e diversas entidades privadas, o Atlantic Moot Court aspira a consolidarse como unha cita anual, asegurando a súa continuidade para futuras edicións e permitindo que máis estudantes poidan beneficiarse desta valiosa experiencia práctica.




