O traballo de tradutores como María Alonso Seisdedos permite gozar en galego de obras tan diversas como o Ulises de James Joyce ou Shin Chan. Co gallo desta xornada, analízase as decisións que hai detrás de cada tradución literaria.
A nota tamén lembra a faceta de Xela Arias como tradutora e pon en valor o labor de editoriais como Rinoceronte e Hugin e Munin na difusión da literatura traducida.
O especial conclúe cunha selección de lecturas traducidas ao galego, que inclúen obras de autoras de renome internacional como Virginia Woolf e Irene Solà.




