A xornada, titulada "Soster para avanzar: aprendizaxes e estratexias para a sustentabilidade organizacional nas entidades de Plena inclusión", foi organizada pola Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual (Fademga Plena Inclusión Galicia).
Na sesión estiveron presentes Begoña Abeijón, directora xeral de Persoas con Discapacidade; Marta Mariño, directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social; e Nuria Aguilar, directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.

Durante o encontro, Begoña Abeijón subliñou a relevancia da colaboración entre as administracións públicas e as organizacións sociais para asegurar a continuidade dos servizos e ampliar o seu alcance. Tamén recordou o apoio institucional da Xunta, materializado a través do concerto social e de diversas axudas destinadas a programas e investimentos en centros.
Pola súa banda, Marta Mariño destacou as iniciativas contidas na Estratexia galega de economía social horizonte 2027, deseñadas para fortalecer e consolidar o traballo desenvolvido por este tipo de entidades.