O encontro, baixo o lema "Cities and Ports in Motion: Time for Action!", congrega a representantes institucionais, autoridades portuarias, empresas e expertos para abordar cuestións estratéxicas como a transición enerxética, a descarbonización, a adaptación ao cambio climático e a mobilidade sostible.
A conferencia subliña a necesidade de reforzar a colaboración entre administracións, institucións portuarias e cidadanía para impulsar proxectos que combinen crecemento económico, sustentabilidade ambiental e mellora da calidade de vida urbana, consolidando a cooperación cidade-porto como clave para afrontar retos de competitividade e transformación ecolóxica.
A elección de Dunkerque como sede responde á súa condición de referente europeo en transición industrial e enerxética, con iniciativas en economía verde, hidróxeno renovable e descarbonización.
A participación da Coruña neste foro representa unha oportunidade para intercambiar experiencias con cidades portuarias de referencia internacional e reforzar o seu posicionamento como cidade atlántica comprometida coa innovación e a sustentabilidade.
A presenza da alcaldesa, Inés Rey, busca dar visibilidade ao traballo que desenvolve a cidade en transformación urbana, innovación e integración dos espazos portuarios na estratexia de desenvolvemento urbano.




