A Comisión Escolar de Alertas reuniuse o martes, 6 de outubro de 2026, para abordar a previsión de choiva intensa. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e Meteogalicia informaron dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA.
A alerta afecta ás zonas de A Coruña (Interior) e Lugo (Centro e Montaña), cunha previsión de choiva dende as 15:00h do 6 de outubro ata as 00:00h do 7 de outubro de 2026.
Ante esta situación de risco, acordouse a SUSPENSIÓN de actividades no exterior dende as 15:00h do 6 de outubro ata as 00:00h do 7 de outubro de 2026 en todos os centros comprendidos na zona de aviso.
Na reunión estiveron presentes representantes da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a Axega, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, a Consellería de Educación, a Dirección Xeral de Mobilidade e a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.




