No corazón de Mugardos atópase Soul&Vintage, unha tenda especializada en decoración vintage e antigüidades que conseguiu converter a busca de pezas únicas en toda unha experiencia.
A súa filosofía baséase na selección de obxectos exclusivos elixidos un a un pola súa autenticidade e excelente estado de conservación.
O trato próximo, o asesoramento personalizado e a atención a cada cliente forman parte da identidade do negocio.
A tenda física é outro dos seus grandes atractivos, a coidada exposición de obxectos converten cada visita nun percorrido cheo de inspiración tanto para amantes das antigüidades como para quen busca integrar pezas con historia en ambientes contemporáneos.
Decorar non é simplemente encher espazos, é poñerlles alma e esa, é a esencia de Soul&Vintage




